Tres praias, tres campionatos de Surf de máximo nivel no mellor escenario: Galicia

A Liga Mundial de Surf (World Surf League) regresa este verán á costa galega e farao pola porta grande con tres competicións entre xuño e setembro.

Tres eventos internacionais nos que se citan as e os mellores surfistas do planeta en distintas categorías e especialidades en tres areais do litoral coruñés que son emblemáticos para os amantes do surf e das ondas: Pantín (Valdoviño), Razo (Carballo) e A Fragata (Ferrol) 

As datas e calendario de competición dos tres eventos e os detalles da competición daranse a coñecer este xoves 6 na Quinta da Auga, en Santiago de Compostela. 

Contará coa presenza dos tres rexedores:  José Manuel Rey Varela (Ferrol), Alberto González (Valdoviño) e Evencio Ferrero (Carballo), ademais de  o presidente da Deputación de A Coruña, Valentín González Formoso,  e o vicepresidente, Xosé Regueira, e Antonio Casas, gerente da Axencia Turismo de Galicia, como anfitrión. 

Por parte da organización dos tres eventos internacionais da WSL en Galicia, Yago Barreto.  
Presentación de:

GADIS LONGBOARD FESTIVAL FERROL (Ferrol) 

ABANCA PANTIN CLASSIC GALICIA PRO (Valdoviño) 

CABREIROÁ JUNIOR PROL RAZO (Carballo)

Lea también

El trofeo del Mundial femenino conquistado por España en 2023 se exhibe en Ferrol dentro de la iniciativa ‘Elas Xogan’

La plaza de la Constitución de Ferrol acoge este viernes una de las actividades de …