Ares organiza a charla «Alimentación saudable: come con xeito»

As concellarías de Deportes e Benestar  do Concello de Ares programan este xoves 6 de xuño, unha nova charla divulgativa no marco da Academia AresXSalud, un ciclo de ponencias para achegar bos hábitos e formas de coidarse con maior calidade no día día da man de especialistas.

A Alianza Aresana será o espazo que acollerá a charla ‘Alimentación saudable: come con xeito’ ás 20:00 horas, unha cita destinada a toda a veciñanza que desexe aprender a alimentarse correctamente, incorporando unha proporción adecuada de nutrintes e entendendo as súas necesidades enerxéticas para realizar un reparto correcto de alimentos.

Con todo, tamén haberá oco para analizar como é un prato ideal en termos de nutrintes, que impacto ten o alcohol no noso corpo e unha quenda aberta ás dúbidas habituais cando nos sentamos a pensar como comer mellor.

Para impartir a ponencia, achegarase a Ares Alén Porto Figueiroa, dietista nutricionista certificado polo Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia.

Lea también

Fene avanza na limpeza dos ríos urbanos e reforza a prevención ante a temporada de choivas

Os traballos actuaron sobre o río Cádavo ao seu paso por Fene e Perlío e …