Narón creará un Consello Sectorial de Memoria Histórica Democrática

A corporación local de aprobou no pleno deste xoves por unanimidade a creación do Consello Sectorial de Memoria Histórica e Democrática do Concello de Narón, atendendo deste xeito unha petición realizada dende a Asociación Memoria Histórica Democrática. O organismo, tal e como se indicou na sesión, funcionará como espazo de asesoramento, información, debate, estudo… co fin de defender e promover os dereitos humanos e o recoñecemento da Memoria Histórica Democrática.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidirá o Consello, do que será vicepresidenta a edil de Participación Cidadá, Olga Ameneiro e no que estarán representados como vogais os portavoces dos catro grupos políticos da corporación local. A maiores dos representantes municipais tamén integrarán a comisión representantes da asociación Memoria Histórica Democrática, e do movemento asociativo, entre outros.

O convenio entre a Secretaría de Estado de Seguridade e o Concello de Narón para incorporar axentes da Policía Local ao Sistema de Seguemento Integral dos casos de violencia de Xénero (VioGen) foi aprobado tamén por unanimidade e ratificouse no pleno a súa sinatura. O Consistorio solicitou incorporarse ao citado sistema co fin de ofrecer maior protección e seguemento ás vítimas de violencia de xénero a través de procedementos colaborativos de coordinación entre os axentes da Policía Nacional e a Local.

Á sesión plenaria foi tamén o acordo de todos os grupos para adxudicar o contrato para a subministración, mediante o sistema de renting, dun vehículo furgón de atestados para a Policía Local. A empresa adxudicataria é Grupivazgle SL e o prazo do contrato é de cinco anos. Na sesión plenaria aprobouse renovar o convenio de colaboración coa Deputación da Coruña -que está en vigor dende 2004- para utilizar o centro de día de menores de Ferrol ata o ano 2027. Nas instalacións acollen a nenas e nenos de entre 0 e 12 anos e reservaríanse para a localidade un total de dez prazas, fronte ás cinco que había inicialmente.

No apartado de mocións, aprobouse a presentada polo PP e o PSOE para destinar o remanente da Praza de Galicia á cuberta das pistas polideportivas de San Xiao e Doso e tamén a dos populares para buscar unha alternativa á problemática das moscas do Val.

A moción presentada polo BNG para a creación n acidade dun Centro de Información á Muller tamén saíu adiante na sesión plenaria.

A continuación debatiuse a moción do PP sobre a recuperación do patrimonio natural no litoral da zona do Couto que tamén saíu adiante na sesión plenaria. A segunda moción presentada polo BNG, que tamén se aprobou, foi solicitando convocar a primeira Xunta do Padroado de Deportes e unha asemblea de entidades. Neste punto, dende o goberno local aclarouse que actualmente está convocado o proceso de eleccións ao Padroado de Deportes, para o día 21 deste mes, paso previo necesario para levar a cabo a Xunta do Padroado.

TEGA presentou unha moción para a mellora da asistencia sanitaria en materia de saúde mental que saíu adiante na sesión. Fóra da orde do día presentouse unha moción do PSOE, aprobada, para a construción dun parque infantil e unha pista multideporte no antigo campo de fútbol das Aceas.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …