Psoe Ferrol denuncia o «teatro» do novo protocolo entre o Concello e a APFSC

O Grupo Municipal Socialista denuncia o teatro do novo protocolo que reproduce o convenio asinado en 2020. Psoe Ferrol desexa expresar a súa enérxica crítica ante o anuncio do novo protocolo entre o Concello de Ferrol e a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao (APFSC), presentado por parte do goberno municipal do Partido Popular.

«Este novo protocolo, anunciado polo alcalde José Manuel Rey Varela, é simplemente un intento descarado de maquillar a parálise política que caracterizou a xestión da relación entre o Concello e a Autoridade Portuaria. Na realidade, o que se presenta como un avance histórico non é máis que unha repetición do convenio asinado en 2020, que foi bloqueado por intereses partidistas e nunca chegou a implementarse».

«O Partido Popular pretende presentar este protocolo como un logro propio, ocultando o feito de que o convenio orixinal, aprobado en pleno co voto favorable do Partido Popular en 2020, xa marcaba as pautas para establecer os termos e condicións para a compensación de débedas e a cesión de espazos públicos estratéxicos para Ferrol. Sen embargo, a chegada do novo presidente da Autoridade Portuaria, alineado co Partido Popular, bloqueou a firma e execución deste convenio por motivos exclusivamente políticos».

O Grupo Municipal Socialista denuncia «esta estratexia manipuladora e esixe transparencia e honestidade por parte do goberno municipal. Non permitiremos que se utilice a boa vontade e o traballo previo da administración anterior como un mero instrumento político para obter réditos propios. Os cidadáns de Ferrol merecen un goberno que non actúa no interese do PP e non manipule a realidade para beneficio partidista».

«Instamos ao goberno municipal a deixar de lado o teatro político e a asumir a responsabilidade das súas accións. É hora de traballar de maneira construtiva e colaborativa para o beneficio real de Ferrol e os seus cidadáns, en lugar de buscar réditos políticos á costa do progreso da nosa cidade».

Lea también

El Concello adquiere la parcela de Jabones Tucho en Ferrol Vello

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, firmó ante notario la escritura de compra …