Fene acolle a derradeira sesión do Club de Lectura da Biblioteca Municipal

O salón de actos da Casa da Cultura de Fene acolle este mércores 29 de 18.00 a 19.30 horas, a derradeira xuntanza do Club de Lectura da Biblioteca Municipal por este curso.

As catorce persoas que participan na actividade (e que previamente recibiron cadanseu exemplar do volume) comentarán nesta ocasión o libro La biblioteca de las lectoras valientes, de KateThomson.

A novela, baseada en feitos reais, xira en torno a unha biblioteca subterránea en Londres durante a Segunda Guerra Mundial. La biblioteca de las lectoras valientes é “unha declaración de amor aos libros, ás bibliotecas e ás historias que sosteñen a esperanza nos momentos máis difíciles”.

East End, Londres, 1944. Clara Button non é unha bibliotecaria calquera. Namentres o mundo sigue en guerra, Clara creou a única biblioteca subterránea do país, construída sobre as vías da estación de metro en desuso de Bethnal Green. Alí abaixo prospera unha comunidade segreda con milleiros de liteiras, unha gardería, unha cafetería e un teatro que ofrecen refuxio, calidez e distracción fronte as bombas que caen no exterior. Xunto coa súa mellor amiga e axudante, Ruby Munroe, Clara asegúrase de que a biblioteca sexa o corazón palpitante da vida soterrada. Pero, a medida que a guerra se alonga, a determinación das amigas de mantérense fortes fronte a adversidade ponse a proba cando periga a vida dos seus seres queridos”.

O Club de Lectura da Biblioteca de Fene ten carácter mensual, realizándose as xuntanzas un mércores ó mes, de xaneiro a maio de 2024, en horario de tarde, de 18.00 a 19.30 horas. Para cada encontro proponse algún libro de temática e xéneros variados (novela romántica, thriller, novela da vida cotiá…), tanto en galego como en castelán. 

Lea también

Inaugurada en el Torrente Ballester la muestra fotográfica ‘A Galicia inédita’,

El Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol ha acogido este jueves la inauguración de la …