IRIBARNE chega a Narón esta fin de semana

IRIBARNE é unha coprodución de ButacaZero co Centro Dramático  Nacional (CDN) e coa Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia
 
O Pazo da Cultura de Narón acollerá a última creación de ButacaZero este sábado,  18 de maio, ás 20.00 horas. Esta función de Narón é unha das últimas oportunidades para ver  a peza en Galicia ata o vindeiro outono, xa que proximamente so será  posible gozar dela na MIT de Ribadavia o día 27 de xullo.
 
Os últimos billetes dispoñibles para ver na localidade de Ferrolterra  unha das sensacións da actual temporada escénica están dispoñibles  a través da plataforma en liña: 
 
IRIBARNE, a exitosa revisión da figura de Manuel Fraga en clave de humor, é o sétimo proxecto do tándem creativo formado por Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira, ambos os dous responsables da compañía ButacaZero, e segue o ronsel das súas anteriores obras, fundamentadas na investigación e na reflexión para dialogar co presente dende unha ollada crítica e irónica.
 
A obra está escrita por Carrodeguas, que a presenta como «un intento (irreverente) por comprender como chegamos ata aquí camiñando da man dun deses personaxes secundarios pero incriblemente imprescindibles da nosa historia». Segundo ela, é «o traballo máis difícil que escribín ata agora» e engade que «foi complexo atopar o punto de equilibrio do humor, do estilo, así como o lugar dende o que se situar».

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …