Psoe Ferrol lamenta que o Goberno galego non priorice o tren Ferrol-Coruña

Os socialistas consideran que a conexión ferroviaria entre as dúas cidades é vital para o desenvolvemento e a mobilidade da cidadanía e a súa exclusión das discusións e plans da Xunta resulta inaceptable

Psoe Ferrol critica que o PP de Galicia «exclúa a Ferrol dos temas abordar co Goberno central, en referencia á solicitude dos conselleiros Diego Calvo e María Martínez Allegue dunha reunión con Óscar Puente para abordar temas prioritarios para Galicia, entre os que se atopan diversas cuestións relacionadas co transporte ferroviario».

«De feito, tres dos oito asuntos propostos para a reunión refírense explicitamente ao tren. É lamentablemente, o tren Ferrol-A Coruña non se inclúe entre eles». Este feito reafirma, para os socialistas, a “falta de compromiso e sensibilidade da Xunta coas necesidades e demandas da nosa comarca”.

O Partido Socialista de Ferrol insta á Xunta de Galicia «a rectificar esta omisión e a “traballar activamente para garantir unha conexión ferroviaria adecuada e de calidade entre Ferrol e A Coruña”. “Esiximos á Xunta que inclúa esta cuestión como unha prioridade nos seus plans de desenvolvemento e mellora da infraestrutura de transporte en Galicia”, incidiron.

Lea también

El parque del Montón se recupera como espacio de disfrute

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz, realizó una visita en la mañana de este …