O Racing Club Ferrol colabora coa campaña «Aquí, tamén se fala galego”

Foto Racing Club Ferrol

Alberto Pombo e Arcadio González, dous dos coordinadores de “Aquí tamén se fala galego”, unha iniciativa de dinamización lingüística no ámbito escolar que busca normalizar o emprego do galego en todos os ámbitos da vida pública, incluído, o fútbol, visitaron A Malata

Hai uns meses, propuxeron ó Racing Club Ferrol colaborar con eles e, como club galego que é, con sete xogadores da terra nas súas filas e varios galegofalantes vestindo a súa camisola, recibiron o seu ofrecemento de moi bo agrado.

Dende entón «visitamos varios centros educativos como parte das actividades englobadas na súa proposta, creamos contido específico démoslles visibilidade a través das nosas redes sociais e puxémonos a súa disposición para calquera cousa que necesitasen» expresaron.

«Aproveitando que designamos o partido do sábado perante a AD Alcorcón como #partidoaquítaménsefala e que cen dos alumnos que participaron na iniciativa estarán nas bancadas da Malata, convidámolos a pasar pola nosa sala de prensa e facer balance do que foi esta iniciativa».

Lea también

El Valdetires Ferrol busca mantener su dinámica positiva en Ourense

El Valdetires Ferrol afronta este sábado una nueva cita liguera con la intención de sumar …