Pedro Blanco recibiu ao catedrático de Psicoloxía Social da UDC Ricardo García

O delegado do Goberno, Pedro Blanco, recibiu ao catedrático de Psicoloxía Social da Universidade da  Coruña (UDC) Ricardo García Mira, en calidade de coordinador do  proxecto de investigación europeo ENTRANCES, que analizou entre 2020 e  2023 o impacto social da transición enerxética en 13 rexións europeas,  entre elas a comarca das Pontes.

Na reunión, na que tamén estivo presente Marta Fernández,  investigadora do proxecto, o delegado coñeceu os resultados do  proxecto e amosou especial interese nos que afectan a As Pontes, xa que  poden servir como base para diversas actuacións nos territorios  galegos estudiados.

Pedro Blanco felicitou ao catedrático da UDC (que coordinou 14 grupos  de investigación de 12 países distintos) e á investigadora por este  traballo e agradeceu a información contida no mesmo, que será chave  para continuar a mellorar a vida dos veciños dos municipios galegos das zonas de Transición Xusta.

Lea también

La estación de tren de A Coruña comienza este viernes un mes de cortes por obras en el que Renfe fletará buses

La interrupción total se producirá entre el 26 de junio y el 10 de julio. …