Narón celebra unha charla sobre o coidado da saúde mental

A concelleira de Benestar Social e Igualdade de Narón, María Lorenzo, anunciou a próxima celebración, o 11 de maio, do obradoiro “Poñer límites”, unha ferramenta destinada ao coidado da saúde mental.

A convocatoria organízase no marco dos Encontros de mulleres e consistirá nunha charla dinámica para a prevención do deterioro da saúde mental.

O Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros acollerá esta charla, que impartirá a traballadora social e coaching Paula Paz e que dará comezo ás 11:00 horas e rematará sobre as 13:00, segundo as previsións.

As persoas interesadas en acudir deberán anotarse escribindo un Whatsapp co seu nome e número de teléfono ao número 644 747 889, tal e como indicou a edil naronesa, que animou a asistir á charla.

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …