O Campus Industrial de Ferrol acolle a I Xornada de Enfermaría Laboral

A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares Pernas; a presidenta do Colexio Oficial de Enfermaría da Coruña, Inés López Carral; a decana da Facultade de Enfermaría e Podoloxía, Emma Rodríguez Maseda; e o director de Recursos Humanos de Navantia Ría de Ferrol, Manuel Freire López; inauguran este xoves 25 de abril, ás 16:30 horas, no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, a I Xornada de Enfermaría Laboral “Saúde no traballo: seguridade e benestar” na que participarán máis de 120 profesionais e estudantes de enfermaría da Universidade da Coruña.

O programa da xornada inclúe, a partires das 16:45 horas, as conferencias do presidente da Asociación de Especialistas en Enfermaría do Traballo de Galicia (AETGa), Carlos Fernández Pereira; do integrante do Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial (LIDIA) e do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña, Óscar Fontela Romero; e da enfermeira do Traballo en Quirón Prevención, Isabel Martínez González.

Ás 18:35 horas dará comezo unha mesa redonda sobre a enfermaría do traballo e a prevención de riscos laborais na que participarán o vicepresidente segundo do Colexio Oficial de Enfermeiros da Coruña, Francisco Bernabéu Piñeiro; o enfermeiro do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), Javier Mato González; o comandante enfermeiro da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Pablo Fernández Bouzamayor; o responsable de Seguridade e Saúde Laboral de Navantia Ría de Ferrol, Manuel Freire López; da enfermeira do Traballo de Navantia Ría de Ferrol, Eva Friebel Paradela; e a directora da oficina de Quirón Prevención en Ferrol, Sandra Fernández Martínez.

A Sala Anexa ao Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acollerá, ao longo de toda a tarde, a exposición de 15 pósters realizados polos estudantes do grao en Enfermaría da Escola Universitaria de Enfermaría da Coruña e da Facultade de Enfermaría e Podoloxía do Campus Industrial de Ferrol así como polo persoal de Navantia Ría Ferrol.

A maiores, cómpre salientar que o programa da xornada inclúe unha visita, o venres 26 de abril, de 11:00 A 14:00 horas, ao Servizo de Prevención e ao Servizo Médico de Navantia Ría de Ferrol.

A I Xornada de Enfermaría Laboral “Saúde no traballo: seguridade e benestar” está organizada polo Colexio Oficial de Enfermaría da Coruña xunto coa Facultade de Enfermaría e Podoloxía da Universidade da Coruña e Navantia, en colaboración coa Asociación de Especialistas en Enfermaría do Traballo (AET), a Asociación de Especialistas en Enfermaría do Traballo de Galicia (AETGa) e máis con Quirón Prevención.

O seu obxectivo é o dar a coñecer o papel da enfermaría na súa especialidade de enfermaría do traballo, así como ao resto de profesionais que colaboran directamente con estes especialistas formando un equipo multidisciplinar dentro dos servizos de prevención no eido laboral.

Programa – I Xornada de Enfermaría Laboral “Saúde no traballo: seguridade e benestar”  https://drive.google.com/file/d/1hTVHsQRkzsDzpquDGcFG4JO0yda2wb7k/view

Lea también

Besteiro reclama la «digitalización» de todos los documentos que custodia el Archivo Militar de Ferrol

El Ministerio de Defensa confirmó recientemente que permanecerán en la ciudad naval y no se …