As Pontes invirte preto de 110.000€ na mellora da rúa da Balsa

O Concello de As Pontes investirá 109.053 euros, procedentes da Deputación da Coruña, no proxecto básico e execución das obras de mellora de servizos e pavimentos na rúa da Balsa.

Esta actuación ten como obxectivo mellorar a accesibilidade así como os servizos públicos de alumeado e saneamento no viario, no tramo comprendido entre a a Rúa Tras da Ponte e a Rúa Eume.

Así executarase unha nova pavimentación mediante formigón armado impreso e coloreado, resolvéndose o encontro coa calzada mediante a colocación de bordo de formigón.

Instalaranse novas canalizacións, tanto para o alumeado como para os servizos de telecomunicacións e novos novos báculos e luminarias en todo o percorrido da zona de actuación.

Por outra banda, executaranse as instalacións de saneamento mediante redes separativas e as acometidas necesarias. Os traballos rematarán coa instalación de mobiliario urbano e a execución e reposición da sinalización horizontal e vertical pertinente.

Lea también

Rueda subraya la inversión en infraestructuras del agua en Ares para impulsar el turismo de calidad

El presidente de la Xunta destaca la necesidad de servicios «a la altura» del entorno …