SGHN Ferrol organiza a segunda conferencia dentro do ciclo «Xuntanzas Naturalistas»

Co título «Mostraxe Acústica Pasiva: unha poderosa ferramenta para o seguimento dos procesos naturais mediante o son«, a entidade pretende achegar ao público a maneira na que a tecnoloxía actual permite facer mostraxes acústicas intensivas co fin de recoller enormes cantidades de información sobre procesos naturais.
 
 
Por medio desta conferencia, ofrecida polo doutor en bioloxía Roberto Hermida, ofrecerán información de como se está a utilizar na actualidade esta tecnoloxía e dos usos que se lle pretenden dar no futuro próximo, así como da maneira na que a enorme cantidade de datos que ofrece condiciona os procesos de tratamento e análise da información acústica.
 
Roberto Hermida é doutor en bioloxía especializado no estudo e conservación de morcegos e na xestión de proxectos de conservación. É membro do equipo de Morcegos de Galicia e da Asociación Galega de Custodia do Territorio, entidade que preside actualmente.
 
Dende sempre amosouse interesado na bioacústica, que utiliza habitualmente no seu traballo profesional con morcegos, e moi interesado nos avances metodolóxicos e tecnolóxicos que permiten sacar o máximo partido aos sons da natureza para o estudo dos procesos naturais.
 
A conferencia será impartida o vindeiro venres 12, ás 19:30, no salón de actos do Museo de Historia Natural
 
Dende a entidade comunican que a asistencia é libre por vir patrocinada pola Deputación da Coruña e o aforo limitado. 

Lea también

El parque del Montón se recupera como espacio de disfrute

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz, realizó una visita en la mañana de este …