Homenaxe a Narón Kids e Revolution UPA, campións do mundo de danza coreógrafa

A celebración do “XXIII Trofeo de Baile deportivo Cidade de Narón” foi o lugar elixido polo Concello de Narón para homenaxear na mañá do domingo 7 aos equipos Narón Kids, do Club de Baile Deportivo Narón, e Revolution UPA, da academia Un Paso Adelante, tralo éxito acadado a pasada fin de semana no Campionato do mundo de danza coreográfica celebrado en Cambrils.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu a convocatoria, na que tamén participaron o edil de Deportes, Ibán Santalla; os voceiros do PP, Germán Castrillón e PSOE, Silvia de Arriba, e a edil do BNG Beatriz Mosquera.

Ao remate das cometicións matinais celebradas no pavillón polideportivo municipal da Gándara, procedeuse a chamar á pista aos integrantes de Narón Kids e Revolution UPA e da corporación local.

Dende o Consistorio aproveitouse tan importante celebración na localidade para felicitar públicamente a ambos equipos. Revolution UPA alzouse como campión do mundo de danza coreográfica na categoría youth e Narón Kids,foi campión do  mundo na categoría absoluta, impoñendose ante o resto de competidores nacionais e internacionais.

“Sodes un exemplo a seguir de esforzo, traballo, constancia e dedicación. Un orgullo para a nosa cidade e tamén para os vosos respectivos concellos, Ogallá manteñades no tempo ese liderado para que todos nós poidamos seguir desfrutando do baile deportivo ao máximo nivel”, indicaron dende o Consistorio. Así mesmo, desexáronlles novos éxitos nas súas traxectorias deportivas “que viviremos coa máxima ilusión e orgullo todas os naroneses”.

A continuación, a corporación local procedeu a entregarlles a cada unha das campionas do mundo dos dous equipos un ramo de flores cunha medalla realizada en madeira e coa inscrición:

“Parabéns por formar parte do equipocampión do mundo de danza coreográfica”. Así mesmo, recibiron de mans de Marián Ferreiro unha réplica da escultura “Anduriña”, realizada polo artista luso Manuel Patinha.

Ao mediodía, tralo remate do acto, realizouse un descanso para continuar durante a tarde as competicións do “XXIII Trofeo de Baile deportivo Cidade de Narón organizado polo Consistorio e o Club Baile Deportivo Narón.

Lea también

El Triatlón Ferrol contará con tres equipos en el campeonato gallego de triatlón contrarreloj

El Triatlón Ferrol presentará este domingo en Vilagarcía tres equipos masculinos al campeonato gallego de …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *