Sale a licitación en Pontedeume as obras do camiño Estreito e a avenida da Coruña

O Concello de Pontedeume sacou alicitación unhas obras para a renovación do pavimento e os servizos básicos no camiño Estreito e na marxe dereita da avenida da Coruña.

Os traballos, cun orzamento de 319.186,30 euros, realizaranse a través dun convenio entre o Concello de Pontedeume (aportará 119.186,30 euros) e a Deputación da Coruña (200.000 euros).

O prazo de presentación das ofertas por parte das empresas interesadas remata o 22 de abril. “O proxecto ten por obxecto a mellora do pavimento e dos servizos de saneamento e da rede xeral de abastecemento”, explica o concelleiro de Urbanismo, Daniel Ríos.

“Mellorarase tamen a rede de alumeado público e crearase unha rede de recollida de augas pluviais, nunha actuación que inclúe a renovación das sinais de tráfico e as varandas, e a colocación de bancos, papeleiras, xardineiras e protectores para os contedores en superficie”, remata Ríos.

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …