As Pontes invirte 165.341€ na II fase das obras na avenida de Lugo

O Concello de As Pontes investirá 165.341 euros, provenientes da Deputación da Coruña, na segunda fase das obras de mellora de servizos e pavimentos na avenida de Lugo, entre os números 21 e 45.

A execución deste proxecto está deseñado para solucionar os problemas de accesibilidade salvando os desniveis entre a zona de tráfico rodado e peonil permitindo, ao mesmo tempo, a renovación da pavimentación da beirarrúa

O proxecto tamén inclúe a mellora do servizo de saneamento por medio da instalación dunha nova rede separativa de pluviais e fecais, realizando as acometidas necesarias para conectar as edificación existentes así como a substitución e mellora do alumeado con novos báculos e luminarias con mellor eficiencia enerxética que garante a iluminación tanto para o tráfico peonil como o rodado.

A substitución de firmes e pavimentos tanto para o tráfico rodado mediante unha nova capa de aglomerado en quente como nas beirarrúas peonís mediante a execución de novo pavimento de plaquetas de formigón.

Os traballos rematarán coa instalación de mobiliario urbano e a reposición de sinalización horizontal e vertical pertinente así como a replantación das árbores existentes executando novos alcorques de pavimento.

Lea también

Una unidad ADOS visita Valdoviño con la campaña «Non perdas este bus. Lévate ao Son do Camiño»

La unidad móvil de donación de sangre visita Valdoviño el próximo martes 31 de marzo, …