Valdoviño incorpora tres novos camións á frota de vehículos do servizo de recollida do lixo

Trátase dun recolector compactador de carga lateral e doutro de carga traseira, e dun auxiliar de caixa basculante, con maior maniobrabilidade en espazos de difícil acceso e elevada carga útil.

O Concello de Valdoviño vén de incorporar 3 novos camións á frota de vehículos destinados ao servizo de recollida de residuos sólidos urbanos.

En concreto, un recolector compactador de carga lateral de 19 m3 e un segundo vehículo de carga traseira, ademais dun vehículo auxiliar de caixa basculante. Súmanse así aos recursos xa existentes: outros 3 recolectores compactadores -2 de carga lateral y 1 de carga traseira-, un auxiliar de caixa aberta e grúa, e 1 hidrolimpadora.

O alcalde, Alberto González, sinalaba esta mañá que comparten como características a súa maniobrabilidade e elevada carga útil, o que lles confire un maior rendemento e polivalencia. Así, estes vehículos facilitan o servizo en rúas con acceso moi difícil ou imposible para vehículos pesados estándar. Ademais, chasis e carrocería foron deseñados co obxectivo de lograr a máxima eficiencia enerxética, aumentado os rendementos de cada un dos seus compoñentes, reducindo o consumo de combustible e, por tanto, as emisións contaminantes e o CO2.

A incorporación destes vehículos constitúe unha das melloras contempladas no novo contrato de recollida de residuos sólidos urbanos, adxudicado a FCC Medio Ambiente S.A.U. Un contrato no que o Concello de Valdoviño investirá preto de 4,5 millóns na próxima década -444.067,26 euros ao ano-.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …