Narón acolle a proxección e un coloquio do documental “Tódalas mulleres que coñezo”

A concelleira de Igualdade, María Lorenzo, recordou que como parte da programación municipal de actividades arredor do 8 de marzo, e no marco da campaña “A noite en igualdade” para a prevención das agresións sexuais nos espazos de festa e ocio nocturno do Concello de Narón, convídase á veciñanza a participar da proxección do documental “Tódalas mulleres que coñezo”, da cineasta Xiana do Teixeiro, e do coloquio posterior.

A convocatoria, recordou, terá lugar o 22 de marzo, ás 18:00 horas no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, con entrada libre ata completar aforo.

Esta actividade ten como obxectivo “ampliar o traballo a desenvolver cos locais de ocio nocturno ao conxunto da cidadanía, promovendo unha conversa sobre as violencias contra as mulleres no espazo público”, explicou a edil naronesa. Trala presentación e o visionado do filme, facilitarase un espazo de escoita e reflexión participativa para pensar a liberdade nos espazos cotiás de relación dende unha perspectiva de xénero.

As persoas interesadas en recibir máis información poden facelo a través da dirección de correo electrónico: anoiteenigualdade@gmail.com ou chamando ao número de teléfono 604 033 515.

No marco das actividades do 8M, este venres 15 a Biblioteca municipal acolle o contacontos para público infantil e adulto “Todas as voces contan”, de Trémola Teatro. A través deste espectáculo trátase de facer reflexionar sobre o paso do tempo e os cambios que este produciu na igualdade de xénero, na muller rural e na terceira idade.

Así mesmo, tamén o venres día 15 se celebrará no restaurante Casa Becerra a tradicional Cea das Mulleres, onde se homenaxeará á Muller do Ano 2024, a naronesa Bárbara Grandal de Rosende.

Lea también

Los bomberos de Narón sofocaron un incendio en una vivienda de la calle San Benigno

Los bomberos de Narón realizaron una intervención cerca de las diez de la noche de …