O Consello da Infancia e a Adolescencia de Cedeira traslada varias propostas ó goberno municipal

O CLIA decidiu denominarse “Ondiñas da vila” e está a traballar no deseño dun logo que o identifique.

O Consello Local da Infancia e a Adolescencia de Cedeira (CLIA) , constituido a finais do pasado ano, está xa a traballar para cumprir co seu obxectivo de ser un espazo de reflexión e debate sobre a realidade do municipio e ter un papel activo como órgano consultivo que é para o goberno municipal.

Nas súas primeiras reunións, os 30 nenos e nenas e mozos e mozas que integran o CLIA decidiron o seu nome, “Ondiñas da vila” e acordaron dar prioridade a tres das liñas de traballo que están contempladas no Plan de Infancia e Adolescencia de Cedeira.

Así, a promoción da Saúde mental entre os menores, a organización de obradoiros sobre sexualidade para alumnado do IES Punta Candieira e a participación do CLIA como grupo asesor da programación de actividades culturais e deportivas son as cuestións sobre as que o consello decidiu focalizar os seus primeiros esforzos e que xa ten trasladado ás diferentes concellerías do goberno municipal.

Decidiuse isto despois dunhas reunión mantidas, a finais de febreiro, con representantes do CEIP Nicolás do Río e o IES Punta Candieira.

Outras cuestións que tamén están no Plan de Infancia de Cedeira e nas que o CLIA ten previsto traballar son a organización de xornadas de limpeza nas praias, unha campaña para previr a violencia sexual e ofrecer información sobre os recursos nesta materia, a instalación dun merendoiro en San Isidro, o autocine de verán e unha programación de cine no Auditorio. Igualmente, xunto co nome, o CLIA traballa no deseño dun logo que o identifique.

Lea también

Un incendio en la máquina de un tren de la antigua FEVE obligó al desalojo de los viajeros, en Moeche

Sobre las nueve de la mañana de este lunes saltaron todas las alarmas cuando el …