O BNG de Ferrol pide a reapertura do centro de maiores da rúa río Xuvia

María do Mar López, concelleira do BNG no concello de Ferrol, esixiu ao goberno de Rey Varela que «reabra de xeito inmediato o centro municipal de maiores da rúa río Xuvia e lamentou a falla de previsión do goberno local por deixar este centro sen conserxe e impedindo as usuarias e usuarios que gocen deste servizo municipal.»

María do Mar López pediu ao goberno local «que proceda a apertura deste centro social e aporte unha solución duradeira. Así mesmo considera que se o goberno municipal, decide conveniar a súa apertura coa entidade veciñal do Ensanche, é de agradecer a boa vontade desta entidade por facilitar unha solución temporal a esta problemática, pero deberíaselle garantir plena seguridade xurídica a asociación veciñal por facerse cargo desta tarefa. O Goberno municipal non pode descargar sin máis a súa responsabilidade sobre este centro en entidades veciñais.»

María López afirma «no BNG facémonos eco das queixas que nos transmiten os usuarios preocupados polo peche desta instalación provocado neste caso pola mala xestión e falla de previsión do goberno local de Rey Varela. O goberno do PP debería de ter buscado unha alternativa e ternos informado aos grupos municipais deste asunto na comisión informativa da semana pasada, pero decidiron ocultar esta situación»

Lea también

El parque del Montón se recupera como espacio de disfrute

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz, realizó una visita en la mañana de este …