Apoio ó Campeonato Pantin Classic para garantir un surf adaptado ás persoas con discapacidade

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, reuniuse este mércores 6 cos organizadores campionato Pantin Classic para facer balance da colaboración mantida durante os últimos anos e estudar novas vías de apoio.

O Goberno galego asina cada ano un convenio de colaboración de 25.000 euros para apoiar o acceso das persoas con discapacidade ao surf adaptado.

A directora xeral lembrou a importancia de impulsar medidas que garantan que todas as persoas con discapacidade poidan realizar unha vida plena. Para iso, resaltou, o deporte representa un ámbito fundamental, xa que ademais permite mellorar o estado de ánimo e a saúde física das persoas que o realizan.

Neste sentido, agradeceu os organizadores do Pantin Classic a súa disposición a colaborar e mellorar a accesibilidade neste deporte.

Lea también

Valdoviño corta el agua de las duchas de las playas ante los excesos de consumo detectados

Valdoviño procede desde este mismo martes 11 de agosto a interrumpir el suministro de agua …