Ferrol conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, xunto cunha representación da corporación municipal e representantes de entidades sociais da cidade, presidiu o acto institucional conmemorativo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se celebrou no salón de recepcións do Concello.

Fuente Concello de Ferrol
Fuente Concello de Ferrol

O acto contou coa participación de alumnado do CPR Belén, do CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira, do IES de Catabois e do IES Sofía Casanova, que expuxeron as súas ideas para previr a violencia machista.

Durante o acto, realizouse unha homenaxe ás mulleres asasinadas por presunta violencia de xénero -mediante a lectura dos nomes das vítimas por parte do Consello Municipal de Igualdade e Muller- que ascenden a 47 no que vai de ano, e a 1.388 desde o 2003, cando se iniciou a recollida destes datos.

Fuente Concello de Ferrol

Todos os presentes no acto amosaron a súa repulsa contra a violencia de xénero e condenaron todas as formas de violencia machista, rexeitando os discurso que a negan ou a minimizan.

Todas aquelas vítimas de violencia de xénero poden recibir axuda a través do teléfono 016, mediante consultas en liña a través do enderezo electrónico 016-online@igualdad.gob.es; da canle de WhatsApp no número 600 000 016 e do chat en liña, accesible desde a páxina web www.violenciagenero.igualdad.gob.es/.

Fuente Concello de Ferrol

PROGRAMACIÓN 25N

O Concello de Ferrol artellou unha amplia programación arredor desta data coa campaña «Só»… Déixate de escusas, cuxo público principal é a mocidade de Ferrol, especialmente a todos aqueles adolescentes e persoas adultas novas que desenvolven parte das súas relacións afectivas e sociais en contornas dixitais para recoñecer as violencias machistas dixitais, cuestionar as escusas que as normalizan e promover relacións baseadas no constentimento, a liberdade e o respecto.

A fachada do pazo municipal está iluminada de cor violeta desde o luns 23 ata o domingo 29 de novembro. Así mesmo, colocarase unha pancarta o día 25, que quedará pendurada do balcón ata o 29 de novembro.

A campaña conta co apoio do tecido deportivo da cidade, de xeito que o Baskemi Ferrol, Valdetires, Baxi Ferrol, O Parrulo e Racing de Ferrol realizarán unha fotografía coa pancarta conmemorativa ao inicio do seus vindeiros encontros.

Entre as accións programadas, tamén está a instalación dun punto Lila e Arco da Vella de sensibilización e información para a eliminación da violencia contra as mulleres no IES Sofía Casanova o mércores 25 de novembro (cun horario de atención de tres horas pola mañá).

Fuente Concello de Ferrol

Así mesmo, realizaranse oito sesións do escape room en centros educativos titulada Axentes de cambio. Desbloquea a igualdade, unha actividade cooperativa que terá por finalidade que o alumnado de 1º e 2º da ESO aprendan e xoguen en torno á igualdade de xénero identificando comportamentos que agochan sinais de control. Os participantes axudarán a escapar á protagonista (unha adolescente que está vivindo unha situación de acoso sutil do que non é consciente) dunha realidade tóxica provocada pola súa parella.

Tamén haberá teatro para alumnos de 3º a 6º de Educación Primaria en diversos colexios coa representación da obra Rachando co guión, que aborda a corresponsabilidade, a igualdade e a prevención das violencias.

Completan a programación un total de 16 pases de microteatro o venres 27 e o sábado 28 de novembro a cargo de Trémola Teatro. O venres terán lugar na AVV de Serantes (17:45 horas), AVV de Valón (18:15), AVV de Esmelle (19:00), AVV de Covas (19:45), La Colmena Catabois (20:15), 135 de la Real (20:45), Artesa Canido (21:15) e Cuerda Floja Ferrol Vello (21:45).

O sábado terán lugar en Yves Coffee Inferniño (12:30), Enigma Inferniño (13:00), Monterrey Faxardo (13:30), Molino Viejo San Xoán (14:00), La Central Villa Soledad (20:30),Galicia Caranza (21:00), Golden Esteiro (21:30) e Monique Esteiro (22:00).

Fuente Concello de Ferrol

Lea también

Las Diócesis gallegas presentan en Santiago la Memoria de Actividades de la Iglesia en Galicia

Este martes ha sido presentada en Santiago de Compostela la Memoria de Actividades de la …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.