Posta en marcha da sétima ruta SendAres

A concellaría de Deportes vén de anunciar a posta en marcha do proceso administrativo da próxima ruta do SendAres, o programa de sendeirismo da institución aresán. 

Este mércores 28 de febreiro, abriuse a inscrición telemática do sétimo percorrido ao longo da tarde (18:00 horas) e a través da páxina web institucional www.concellodeares.gal

Nesta ruta guiada, os sendeiristas arrancarán na praia de Razo e dirixiranse á vila pesqueira de Malpica, sempre co océano ao seu carón. Camiñarán pegados á costa e poderán achegarse aos Muíños de Ardeleiro, un conxunto de cinco muíños en perfecto estado de conservación.

Todo o itinerario desenvolverase durante a xornada do domingo, 17 de marzo, cunha distancia de 15 quilómetros e unha dificultade media. O prezo ascende a 20 euros e inclúe servizo de guía, seguros e transporte de ida e volta dende Ares. O autobús sairá ás 08:00 horas e chegará ao núcleo da vila ás 17:30 h., aproximadamente, dende o punto de encontro habitual: a praza da Igrexa do municipio.

A Concellaría de Deportes asignou 25 prazas para a actividade, que se cubrirán por orde de inscrición ata as 00:00 horas do 4 de marzo ou, de darse o caso, ata o seu esgotamento.

Lea también

La Escuela de Fútbol Sala de O Parrulo Ferrol abre el plazo de selección para nuevo monitorado

La Escuela de Fútbol Sala de O Parrulo Ferrol y la Fundación Gadesport abre el …