Cedeira acolle o seu espectáculo “Cinema Marabillas”

A actriz Raquel Queizas leva este sábado 24 a Cedeira o seu espectáculo “Cinema Marabillas”

Unha función pola que pululan os grandes clásicos da literatura e o cine infantil e xuvenil como Alicia no País das Marabillas, Peter Pan, Polgariño, O Mago de Oz… para amosar ao público familiar que todas esas historias que coñecen poden contarse de maneras diferentes. A representación será ás 19.00h e as entradas estarán á venda na billeteira, desde media hora antes, a 2,5€.

Raquel Queizas defínese como actriz, monicrequeira, filóloga e, fundamentalmente, contadora de historias. A súa mestría na narración oral levouna a participar en campañas de animación á lectura, un obxectivo que está moi presente neste espectáculo, cuxo lema é “vide a descubrir a amizade entre o cine e a literatura infantil e xuvenil”.

A obra está recomendada para nenos a partir de cinco anos e público familiar

Lea también

Ares acoge este sábado 12 una jornada de degustación de productos de la ría de Ferrol

La atividad, organizada por la Cofradía de Pescadores de Ferrol, tendrá lugar de 12:00 a …