As Somozas comeza a construción da senda peonil en Abeledo

O Concello das Somozas comeza as obras da senda peonil no lugar de Abeledo, ao seu paso pola estrada AC-110. A execución deste proxecto conta cun orzamento de 80.563 euros.

A construción desta senda realízase para mellorar a seguridade vial e conta cunha lonxitude de 430 metros e 1,80 metros de ancho.

Ademais, contémplase a canalización de 80 metros de tubería depolipropileno corrugado de 400 mm de diámetro, 3 pozos de rexistro con sumidoiro e 17 arquetas con sumidoiro, para a recollida de augas pluviais; e canalización de 437 metros de tubo de polipropileno verde coas correspondentes arquetas, para iluminación pública, previa escavación dunha buraco e posterior recheo compactado da mesma.

Completan a obra a colocación de 175 metros de varanda modular en aceiro inoxidable sobre o muro de bloques de granito.

Desde o Goberno local aseguran que a creación desta senda mellorará a seguridade vial no lugar, facilitando o tránsito de tráfico rodado e peonil.

Lea también

Escola Museo Vivo da Ramalleira de Valdoviño participa en Portugal en unas jornadas sobre recuperación de memoria escolar

El escritor Antón Cortizas, integrante del grupo de trabajo que impulsa la recuperación del centro …