Campeonato Xunta de Galicia de Atletismo en pista ó aire libre-Memorial Alejandro Gómez

A presentación do Campionato Xunta de Galicia de 10.000 m. para as categorías absolutas, sub23 e máster e 5.000 m. para os Sub18 e Sub20 tivo lugar no Concello de O Cervo.

A esta presentación acudiron a alcaldesa do Concello Dolores García; Mali Méndez concelleira do municipio; Patricia Calvo Presidenta do Maderas Barcia O Cervo así como Olga Vicente e Jaime Seijas, do CD San Ciprián. Por parte da Federación Galega estivo no acto o seu Vicepresidente Jesús Vázquez.

Este primeiro campionato oficial nas pistas cervenses, supón a posta de longo destas desexadas instalacións que veñen a dar un importantísimo servizo a toda a zona da Mariña. Con esta infraestructura preténdese atender e dar servizo a todas as escolas e clubs da zona e servir ao mesmo tempo, como ferramenta indispensble para continuar co traballo de promoción e desenrolo do atletismo en toda a comarca.

Memorial Alejandro Gómez

Sobre o sintético de O Cervo, estarán tomando parte un importante número de atletas na procura deste salientable título autonómico que leva o nome de quen fora un dos máis importantes atletas galego da historia falecido fai tres anos.

O campinato dará comezo o sábado 3 as 15.30 horas aproveitándose para organizar durante a mañá, unha xornada de control «Concello de Cervo»  para as categorías base do atletismo.

Lea también

Toimil, Chamosa e Ben, lideran ao atletismo galego en Tarragona

Un total de 43 atletas galegas e galegos (22 mulleres e 21 homes) tomarán parte …