O secretario xeral do PSdeG, Valentín Formoso, comprometeu este martes que o goberno dos socialistas na Xunta, con Besteiro á fronte,
terá como prioridade rematar co “caos na mobilidade” en Ferrol e recuperar as frecuencias e paradas suprimidas no transporte metropolitano da comarca.
Valentín González Formoso visitou, xunto á candidata do PSdeG, Montserrat Gª Chavarría, e representantes dos concellos da comarca, as instalacións da Estación de Autobuses de Ferrol, da cal denunciou a situación de “abandono” que sofre a mesma que se pode ver en que ten os “baños pechados, falta de ascensor para persoas con mobilidade reducida”. Sen embargo, acudiu para analizar a situación en conxunto do transporte metropolitano na comarca de Ferrol e no conxunto de Galicia.
Formoso reivindicou que os socialistas están “para propoñer e non só para criticar”, polo que apuntou a que o futuro goberno da Xunta liderado por Besteiro levará a cabo “a recuperación do sistema antigo, onde cada vila das 21 da comarca e onde os núcleos rurais da comarca teñen unha parada, teñen unha frecuencia que dea a garantía que se teñen que vir á Ferrol a facer un trámite, a vir ao médico, a vir á universidade, teñen a posibilidade de facelo”.
Sen embargo, o socialista tamén viu a necesidade de afondar nas deficiencias deste sistema “afecta a toda a xente que emprega o autobús como forma de moverse no ámbito persoal e, sobre todo, no ámbito laboral”. Formoso criticou que “a Xunta de Galicia aprobou unhas
concesións de transporte que deixan fóra de xogo a practicamente toda a cidadanía”. “Vemos como hai cada vez menos frecuencias, como o rural está absolutamente abandonado, como as frecuencias separadas que había antigamente foron eliminadas, facendo que o autobús xa non sexa un modo de transporte para o mundo rural, afondando no devalo demográfico de Galicia e, nomeadamente, da provincia da Coruña”, engadiu Formoso.
Sobre a comarca de Ferrol, falou dos “problemas constantes” coa liña Ferrol-Coruña por Betanzos e por Pontedeume coa supresión de frecuencias que “moitísima xente nova que vai ás universidades queda non andén porque non hai autobuses suficientes, non se prevén as prazas, os cidadáns esperan as paradas sen saber se vai a pasar o autobús ou xa pasou”.
Así mesmo, remarcou os problemas que xera no día a día ás persoas que precisan o autobús para ir a traballar, así como a limitación que supón as deficiencias no transporte metropolitano para a inserción laboral das persoas con discapacidade que viven na comarca de Ferrol, trasladou Formoso facéndose eco das demandas trasladadas pola asociación Teima Down coa que se reuniu nos últimos días.