A Federación Galega de Atletismo FGA ven de adquirir diverso material neste recén comenzado 2024 por importe duns 7.300 € o que supón seguir ca súa clara aposta por incrementar a operatividade, funcionalidade e modernización do atletismo galego.
Na relación figuran elementos informáticos, artefactos de lanzamentos, listóns, tacos de saída, material técnico de cronometraxe, cintas, revólvers así como diverso e variado material de oficiña que será repartido entre as distintas Delegacións ca finalidade de garanter a súa operatividade e funcionalidade.
Esta inversión súmase aos 44.385,60 € do 2023 e os 39.723.36 do 2022 que tamén foron destinados a este tipo de compras. Segundo Iván Sanmartín “Seguirase apostando e invertindo unha boa parte dos nosos orzamentos na adquisión e dotación de todo canto material se precise para dar servizo ás cada vez máis numerosas demandas que estamos a ter tanto a nivel competitivo como loxístico no noso deporte”