A Deputación de A Coruña saca músculo en Madrid Fusión

Turismo da Deputación de Coruña volve viaxar a Madrid, esta vez para levar a Madrid Fusión a súa marca turística e gastronómica “A provincia que sabe” durante os días 29, 30 e 31.

Faino cunha ambiciosa programación propia formada por máis de 30 actividades entre as que se atopan showcookings con chefs de primeiro nivel, degustacións e mostras da man de produtores locais, charlas e talleres, exposicións, e a súa xa recoñecida exhibición do tradicional ritual da queimada.

Chefs de primeiro nivel

Durante estes tres días, a entidade provincial estará representando nesta feira gastronómica os diferentes xeodestinos da provincia a través da súa cociña e os seus produtos. Así, restaurantes como As Garzas, Pementa Rosa, Terra de Fisterra e Balarés (Costa da Morte); A Maceta (Terras de Santiago); Sinxelo de Ferrol (Ferrolterra), e a Artesa da Moza Crecha (As Mariñas) exhibirán o seu bo facer a través de showcookings protagonizados por produtos de proximidade, caracterizados pola sua vinculación co seu territorio.

Produtores de proximidade

Os produtores amosarán tamén o seu traballo, fiel á súa orixe: A Castrexa; Os Biosbardos; Cafés Aruba; Xearte Brigitte; Choiva Viños; San Isidro Bakery; Vermú Lodeiros; Bonilla a la Vista; Adega entre os ríos; a Despensa de Lujo ou Costumes empanadas de Galicia son algúns dos expositores que participarán no stand da Deputación en Madrid Fusion.

Con esta programación Turismo da Deputación aposta por unha “oferta variada e diversa de actividades, como o é a nosa provincia”, sinalou o vicepresidente e deputado de turismo Xosé Regueira. “Ademais de exhibir a nosa riqueza gastronómica e cultural, queremos contribuir a poñer en valor o gran traballo dos nosos profesionais, tanto da cociña como do sector agroalimentario, nun foro tan relevante como é Madrid Fusión”.

Lea también

Este domingo regresa a su base de Ferrol la «Cristóbal Colón», tras 4 meses integrada en la OTAN 2

Este domingo, día 15 de diciembre, a las 10.00horas está previsto que  atraque en el …