Pontedeume conta cun novo camión de recollida de lixo

O Concello de Pontedeume vén de recibir un novo camión para o servizo municipal de recollida de residuos, adquirido co financiamento do Plan Único da Deputación da Coruña.

O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, explica que este novo vehículo “substitúe a un dos dous camións anteriores, concretamente ao máis antigo, que xa contaba con máis de 30 anos de servizo”.

Esta nova adquisición é “froito do compromiso deste Goberno, iniciado xa no 2015, de ir renovando o parque móbil”, sinala Fernández Piñeiro.

“Dende que estamos gobernando adquirimos, ademáis deste novo camión do lixo, un vehículo para Urbanismo, outro para a Policía Local, dous camións para Vías e Obras, e un tractor que chegará nuns días”, enumera o rexedor.

O camión “virá mellorar o servizo de recollida de residuos, pois conta con mellores características técnicas, e permitirá un aforro maior de combustible ao ter un menor consumo que o anterior”, conclúe Fernández Piñeiro.

Lea también

Abierto el plazo para participar en la VIII Carrera escolar Concello de Neda

Ya están en marcha los preparativos para la octava edición de la Carrera Escolar de …