A Agrupación Instrutiva de Caamouco celebra o San Vicente

A Agrupación Instrutiva de Caamouco ten todo a punto para celebrar o San Vicente 2024, patrón da parroquia. A entidade deseñou unha dobre xornada festiva, coa música e a gastronomía como protagonistas.

Os festexos arrancarán o sábado 20 de xaneiro, cun concerto da banda Pölisong. Será a partir das 21:00 horas, nunha noite na que a Agrupación repartirá tapas de callos de balde con cada consumición.

Ao día seguinte, o sábado 21 de xaneiro, a rapazada será a protagonista. Entre as 17:00 e as 19:00 horas celebrarase unha completa festa infantil coa animación de DJ Rockssi. A actividade, aberta a todos os nenos, inclúe moita música e diversos xogos en grupo. Durante a tarde estará dispoñible o servizo de cafetería para os maiores que acompeñen ao evento aos mais pequenos.

A programación do San Vicente, organizada pola Agrupación Instrutiva de Caamouco, conta coa colaboración do Concello de Ares e El Obrador de Laura.

Lea también

El centro cultural Torrente Ballester acoge el congreso IA Revolution Ferrol 2025

El concejal de Cultura de Ferrol, José Antonio Ponte Far, ha dado la bienvenida a …