A Deputación facilita a interoperabilidade dos servizos sociais municipais ó integrar a HSUE

Os concellos da provincia da Coruña que operan desde hai anos ao abeiro do ecosistema de administración electrónica Concello Dixital, da Deputación da Coruña, dispoñen xa no seu catálogo dixital de servizos administrativos a integración coa Historia Social Única Electrónica (HSUE) da Xunta de Galicia.

Este fito tecnolóxico impulsará a eficiencia nos servizos sociais comunitarios das entidades locais grazas a interoperabilidade que permite a consulta da información e descarga da documentación relativa á historia social da cidadanía aloxada na plataforma de datos da Administración Autonómica (HSUE).

Deste xeito, os expedientes de solicitude de prestacións iniciados desde os concellos poderán engadir documentación xa aportada pola cidadanía, de forma automatizada, garantindo o cumprimento do principio “só-unha-vez”, que ten por obxecto a supresión da carga administrativa innecesaria que se produce cando os usuarios deben subministrar a mesma información máis dunha vez ás administracións públicas.

O intercambio de datos entre administracións desenvolvese baixo os obrigados principios que rexen no tratamento de datos persoais recollidos na Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de datos personais e garantía dos dereitos dixitais.

O desenvolvemento do novo servizo precisou da colaboración e coñecemento aportados polas traballadoras e traballadores dos Servizos Sociais municipais.

Neste senso, cómpre salientar a implicación dos equipos dos concellos de Bergondo, Cambre e Dumbría, que acollerán a fase previa de testeo e pilotaxe do novo servizo, e as primeiras sesións de formación.

Lea también

Ortigueira, galardonada en el I Premio ‘Pioneiros da Pizarra’

El Concello de Ortigueira ha sido reconocido con el I Premio ‘Pioneiros da Pizarra’, un …