A VI Copa de clubs máster viaxa por partida dobre a Sada

Ourense acolleu a disputa da VI Copa de Galicia de Clubs máster á que se achegaron un total de catorce equipos a tomar parte nesta primeira proba de pista cuberta do 2024.

Malia o obrigado parón das festas de nadal, puidose presenciar a consecución de bos rexistros e actuacións a nivel xeral que daban o triunfo en ambas categorías ao Club Atletismo Sada nunha emocionante disputa, que como ben sendo xa habitual nos últimos anos, mantivo co conxunto do Samertolameu.

Foi precisamente na categoría masculina na que ambos equipos empataban a puntos, téndose que recurrir ás índices de porcentaxes para determinar ó gañador dunha Copa que deixaba ao Marineda At. como terceiro conxunto clasificado.

En mulleres, o equipo campión revalidaba o título do ano pasado aventanxando en catro puntos ao Samertolameu e en dazasete puntos ás ourensáns de La Purísima quenes accedían ao terceiro caixón do podio.

En canto a resultados individuais, compre salientar o récord de España batido por José Luis Paz do At. Sada quen mellora o seu propio récord nunha centésima nos 60 valos M50 con 8.82.  Outra das destacadas foi Monse Fernández do At. Sada na categoría W55 logrando as plusmarcas autonómicas nos 60 m. e do triplo. Miguel López do Marineda At. nos 60 v; Luis Moro do At. Narón en pértega; Carlos Álvarez do Samertolameu en altura e José Palomanes do At. Sada en triplo foron outros dos que tamén melloraron rexistros galegos.

Presenza e reaparición importante de atletas referentes

O campionato tamén foi momento para poder disfrutar da “reaparición” dalgún dos atletas referentes e plusmarquistas galegos do noso deporte que agora, e con outros obxectivos, disfrutan do mesmo doutra maneira moito máis recreativa.

Tal foi o caso da olímpica María Abel (Samertolameu) e de Luis Fernando Moro (At. Narón) quenes xunto a Carlos de la Peña (Marineda), e Alfonso Palomanes (At. Sada) e unha lesioada Pili Barreiro (At. Sada) aportaron peso e calidade a esta edición.

Lea también

El Team España se inicia con Javier Gómez Noya en Pontevedra

El Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) en Pontevedra ha sido el escenario del arranque …