Fene acolle a exposición “Mujeres envueltas en poesía” de Gloria López

Este venres 29 de decembro, ás 12.30 horas, inaugúrase na Casa da Cultura de Fene a exposición “Mujeres envueltas en poesía”, de Gloria López. Trátase dunha mostra de pintura na que as protagonistas son as “bailarinas”, personaxes que sempre chamaron a atención da artista “pola súa beleza, dificultade e sacrificio”.

A exposición complétase cunha serie de poemas, inspirados nas pinturas. “Mujeres envueltas en poesía” permanecerá na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura até o vindeiro 30 de xaneiro.

Poderá visitarse ao longo do Nadal en horario de mañá, de luns a venres (agás festivos), de 10.00 a 14.15 horas. E, a partir do 8 de xaneiro, o horario será de luns a venres, de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas.

Gloria López (Ares, 1953) explica que «a unha idade temperá espertou en min a afección pola pintura, á que só me puiden adicar nos ratos libres, logo de traballar».»Na actualidade, xa xubilada, a miña dedicación á pintura é maior, aínda que outras ocupacións me impiden pintar polo día, así que o fago polas noites».

«Participei en varias exposicións colectivas en Ares, Mugardos e Sada, e tamén en individuais en Pontedeume e Ares. Adoito pintar paisaxes e bodegóns, pero o que me entusiasma é a pintura figurativa e os retratos. Nesta exposición a temática son as bailarinas que sempre chamaron a miña atención pola súa beleza, dificultade e sacrificio».

A exposición chámase  “Bailarinas envueltas enpoesía” porque cada unha me inspirou unha historia que expoño ao seu carón en forma de poesía e que agardo e desexo que o público desfrute tanto coma min”.

Lea también

El Concello de Ferrol aprueba las bases de fomento de la cultura de 2025

Este lunes la junta de gobierno local ha dado el visto bueno a la aprobación …