Cedeira acolle a representación da peza teatral “Apaga o candil”

O Auditorio Municipal de Cedeira acolle este venres 15 ás 21.00h, a representación da peza teatral “Apaga o candil”, escrita e dirixida por Cándido Pazó, na que se fai homenaxe a Carlos “O Xestal”, humorista, músico e figura clave da tradición popular galega.

A función, de entrada gratuíta, chega a Cedeira da man da programación 4x3Outono da Deputación da Coruña. A peza é unha coprodución de Contraproducións e o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) e está interpretada por Avelino González e Toni Salgado.

O punto de inspiración estrutural e argumental da obra son os clásicos contos da visita da morte, un tipo de historias tradicionais que teñen un esquema semellante: un personaxe topa coa morte que lle ven anunciar o seu final inminente, de maneira que o aludido trata de enganala e librarse do seu lúgubre designio, sen éxito.

Na tradición galega, este tipo de contos tenden a estar revestidos por unha pátina de humor e retranca que relativizan o seu carácter dramático.

A obra é un recoñecemento a Carlos “O Xestal” (A Coruña, 1933-1993), o coñecido humorista galego que popularizou “Apaga o candil”, superventas de cintas de casete en las décadas de los 60 y los 70, guionista en programas de televisión e fundamentalmente un portentoso contador e cantador de historias tipicamente galegas con retranca e con certo carácter reivindicativo.

Entre outras cousas, foi tamén un grande estudioso da música tradicional galega, impulsor de diferentes formacións.

Lea también

La casa de la cultura de Valdoviño acoge la representación «Ás para Álex»

Baobab Teatro representa este domingo 23 en Valdoviño «Ás para Álex», una pieza teatral comprometida, …