Protección Civil de Ares recibe un recoñecemento á súa labor

O martes 5 de decembro, durante a celebración do Día Internacional dos Voluntarios, o Concello levou a cabo un evento en recoñecemento ao traballo voluntario de Protección Civil de Ares. Neste acto, outorgáronse distintivos en recoñecemento aos anos de servizo e dedicación na agrupación local.

Ademais dos homenaxeados, estiveron presentes o alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias Redondo, o concelleiro de Seguridade, José Juan Vilar Rico, xunto cos concelleiros do grupo de goberno e os portavoces de todos os grupos políticos que conforman a corporación.

As mencións entregadas foron as seguintes:

Manuel Iglesias Bujones: 5 anos prestando servizo en Protección Civil de Ares – Categoría de Bronce con distintivo branco.

Jesús Bardanca García: 5 anos prestando servizo en Protección Civil de Ares – Categoría de Bronce con distintivo branco.

Montserrat Lamas Montero: 5 anos prestando servizo en Protección Civil de Ares – Categoría de Bronce con distintivo branco.

José Juan Vilar Rico: 10 anos prestando servizo en Protección Civil de Ares – Medalla de Mérito, Honorífica e á Constancia na súa categoría de Ouro.

 

Lea también

La Policía Local de Ares intervino en dos incidencias en la noche del sábado

  En la noche del sábado los efectivos de la Policía Local de Ares han …