A línea de axudas da Xunta na compra de Eurotaxis, vehículos de emisións cero, e taxi ECO chega os 500.000 € no 2024

A Xunta concedeu 15 axudas ao sector taxi das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal para a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida, vehículos de baixas emisións ou eléctricos. A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, informou da resolución destas axudas da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e da nova convocatoria se publica hoxe no DOG durante un encontro cun dos beneficiarios, José Ignacio Rebollo.

Aneiros lembrou que o obxectivo destas axudas “é reforzar a aposta do sector taxi pola inclusión social, financiando a adquisición de vehículos adaptados ás diferentes necesidades de mobilidade e sumar a estes profesionais á loita contra o cambio climático, dotándoos de vehículos menos contaminantes”.

A delegada territorial destacou os 900.000 euros de orzamento destinados a esta orde de axudas en 2023, despois de que tras esgotarse o crédito inicial de 500.000 euros, este fora ampliado noutros 400.000 o pasado mes de setembro.

Referiuse, ademais, á nova convocatoria publicada no DOG e que conta cun orzamento de 500.000 euros para a anualidade 2024 coa que se subvencionará con ata 10.000 euros a adquisición de taxis adaptados (Eurotaxi); con ata 4.000 euros a compra de vehículos de emisións cero e ata 1.000 euros para a compra de taxi ECO.

Desde o ano 2016, cando deu comezo esta liña de apoio ao sector do taxi, a Xunta de Galicia leva concedidas axudas por máis de 5,4 M€ ao sector para a renovación do seu parque móbil, facilitando a adquisición de preto de 900 vehículos.

Lea también

La Policía Local de Ares intervino en dos incidencias en la noche del sábado

  En la noche del sábado los efectivos de la Policía Local de Ares han …