As xornadas sobre FP dual na empresa reúnen a máis de 60 persoas no Campus de Ferrol

A secretaria do Consello Galego de Relacións Laborais, Cristina Fabeiro Varela, a profesora de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade da Coruña, Asunción López Arranz, e a presidenta do Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, Susana Soneira Lema, inauguran este luns 27 de novembro, ás 09:30 horas, na Aula Magna da Facultade de Ciencias do Traballo do Campus Industrial de Ferrol, as xornadas “A Formación Profesional Dual na Empresa” nas que hai máis de 60 persoas inscritas.

O programa da xornada inclúe as intervencións do Catedrático Emérito de Orientación e Formación Profesional da Universitat de Barcelona, Benito Echevarría Samanes, do maxistrado do Xulgado do Social nº 4 de Ourense, Pedro Rabanal Carbajo, e máis do inspector de Traballo e Seguridade Social, Javier Fernández Travieso.

A maiores, ao longo da mañá, terá lugar unha mesa de debate na que intervirán representantes da Confederación Intersindical Galega (CIG), do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CCOO), da Unión Xeral de Traballadores (UGT Galicia) e da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)

https://udcgal-my.sharepoint.com/personal/y_fernandezf_udc_es/_layouts/15/onedrive.aspx?id=%2Fpersonal%2Fy%5Ffernandezf%5Fudc%5Fes%2FDocuments%2FTR%C3%8DPTICO%20FERROL2023%2Epdf&parent=%2Fpersonal%2Fy%5Ffernandezf%5Fudc%5Fes%2FDocuments&ga=1 , enlace do programa das xornadas

Lea también

La Cámara de Comercio de Ferrol recuperará sus servicios a finales de este verano

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, ha anunciado este lunes la aprobación de un …