Antigas alumnas do CPI San Sadurniño participan no aniversario do proxecto LÓVA

 
O proxecto estatal LÓVA (La Ópera como Vehículo de Aprendizaje) cumple o seu 15º aniversario. Celebrouse no Real Teatro de Retiro, en Madrid, cunha mesa redonda na que varios mozos contaron a súa experiencia nesta iniciativa de creación artística e educación en valores. 
 
O CPI San Sadurniño, un dos centros máis veteráns, estivo representado polas antigas alumnas Helena Beceiro e Carmen Díaz. Ambas, que hoxe son xa universitarias, formaron parte nos anos 2014 e 2015 da compañía escolar Pegadas Musicais, compartindo con outras rapazas e rapaces o complexo labor de produciren desde cero unha obra musical: libreto, luces, son, interpretación, decorados…todo.
 
 
Porén, a aprendizaxe de vida máis importante veulles da necesidade de superar por si atrancos, imprevistos e pequenos e grandes conflitos durante os meses de preparativos antes da estrea; tendo sempre preto ás súas mestras e mestres para botarlles unha man.
 
Se adxunta a ligazón ao coloquio:
 

Lea también

El concello de Mugardos regulariza el proceso de solicitud de plazas en la Escuela Infantil Municipal «As Lagoas»

Según informa el concello de Mugardos  «se completó la regularización de las solicitudes de plazas …