Ferrol en Común a través dun comunicado expresa que «o goberno local deu conta da publicación do anuncio de valoración provisional da fase única do concurso para o nomeamento como funcionaria de carreira da praza de Psicóloga do CIM, unha praza que leva valeira demasiado tempo e era urxente que se cubrira coa maior celeridade posible dada a importancia da praza»
«En primeiro lugar, o goberno local está a presentar un proceso de estabilización de emprego coma un proceso de selección de psicóloga do CIM cando este non é verdade, xa que non tivo lugar un procedemento concreto para a cobertura deste posto»
“En segundo lugar, consideramos un problema que unha praza coma esta, que ten características moi especiais, cúbrase a través dunha convocatoria xenérica de estabilización de emprego de psicólogos. Estase a cubrir unha praza de Dirección dun Centro de Información á Muller sen ter en conta as súas características especiais e por tanto, sen requirir esa formación necesaria”, explicaba a concelleira Nerea P. Carballeira.
A praza de psicóloga do CIM ten características específicas e funcións de dirección, “polo que se debería de convocar dita praza ao marxe do resto das de psicólogos do Concello, coma se fai noutras administración locais, realizando unha valoración concreta en dirección de CIM ou similares e por suposto requirindo unha ampla formación en igualdade” indicaba a concelleira.
Dende FeC «admitimos este proceso de estabilización de emprego coma forma de cubrir de xeito urxente este posto pero instamos a unha convocatoria inmediata a través dunhas bases apropiadas nas que se teñan en conta as funcións que se van a desempeñar e se valore a experiencia e formación en consecuencia»