Talía Teatro representa en Valdoviño, Meirás, “Morte accidental dun anarquista”

O Concello de Valdoviño leva este venres 24 a Meirás a súa programación cultural. Coa colaboración da AVV, e o apoio da Deputación provincial da Coruña, programa a peza «Morte accidental dun anarquista», con Talía Teatro.

A función, aberta ao público adulto e con entrada de balde, dará comezo ás 20:30 horas.

A peza baséase dunha das obras máis coñecidas do dramaturgo italiano Darío Fó, que a compañía galega interpreta e reinterpreta. Está dirixida por Candido Pazó, e protagonizada por Toño Casais, Dani Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto, Artur Trillo, Diego Rey e Marta Ríos.

Lea también

Ares presenta un selo de Correos e un mataselos conmemorativos do Ares Indiano

O acto celebrarase este 5 de agosto, ás 12:00 horas, na Alianza Aresana, coincidindo coa apertura …