Ferrol en Común organiza un obradoiro aberto polo 25N

Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, Ferrol en Común ven de organizar un obradoiro aberto e participativo baixo o título: “Ser Muller, violencias ocultas e saúde mental”.

O taller terá lugar este xoves 23 de novembro ás 19.00h no Ateneo Ferrolán e será impartido por Paula Paz, traballadora social e formadora en feminismos.

«Esta actividade é gratuíta e aberta a toda a cidadanía, tanto mulleres coma homes, e desenvolverase baixo un formato dinámico e participado, combinando mesas de debate e reflexións sobre as realidades que viven as mulleres día a día, afondando no concepto de violencia de xénero en eidos onde habitualmente non adoitamos mirar, ademais de ver as súas consecuencias na saúde mental das mulleres»

Dende Ferrol en Común «consideramos que este tipo de actividades axudan á sociedade a visibilizar a violencia de xénero e detectar calquera tipo de machismo ao que estamos expostas as mulleres para así, erradicalo dunha vez por todas»

Así mesmo, «animamos a toda a cidadanía a participar na mobilización do 25N que terá lugar este sábado ás 19.00h na praza do Himno Galego«

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …