Miguel Muñiz obtén o “Galicia en Foco 2022” na 32º Edición do premio do Club de Prensa de Ferrol

Miguel Muñiz, serie 1

A serie de Miguel Muñiz “Prestige, 20 anos despois…” publicada no diario ABC, o 22 de novembro de 2022, obtivo o Premio de Fotoxornalismo “Galicia en Foco 2022” que outorga o Club de Prensa de Ferrol e que acada a súa 32ª edición.

Miguel Muñiz, serie 2

A serie premiada foi valorada polo xurado “polo seu compromiso amosado á hora de devolver á actualidade informativa unha historia inacabada, a da traxedia do Prestige, recuperando vinte anos despois os rostros dos homes e mulleres que ilustraron e exemplificaron a loita de toda a sociedade contra o chapapote”, polo que é merecente de ser elexida como Serie do Ano 2022.

Miguel Muñiz, serie 3

Ademais o xurado do certame acordou conceder una «mención de honra» a Xoán A. Soler, pola súa foto “Loita”, publicada no xornal La Voz de Galicia, o 13 de outubro de 2022, “pola súa capacidade para captar nunha imaxe de profunda humanidade, a realidade dunha familia que convive e fai fronte día a día a a unha enfermidade tan cruel como a esclerose múltiple e as súas consecuencias”.

A foto “Loita” de Xoán A. Soler

A entrega do premio, dotado con 1.000 euros, e unha figura alegórica de Sargadelos creada para o certame Galicia en Foco por Isaac Díaz Pardo, terá lugar a finais do mes de decembro, no Centro Torrente Ballester de Ferrol, coincidindo coa inauguración das obras participantes nesta edición.

O Xurado da XXXII Edición de Galicia en Foco estivo constituido por Rodrigo Ramos Ardá, Gala Santalla, Lucas Rey Seoane e Xulia Díaz, actuando como secretario, con voz pero sin voto, Xoán Rubia.

Lea también

Tras siete años de obras de rehabilitación la iglesia de Dolores abre sus puertas

La reapertura de la iglesia de Dolores después de siete años cerrada por obras es …