Aberto o prazo para inscribirse na Campaña da Neve da Deputación da Coruña

A área de Deportes da Deputación da Coruña organiza, entre o 12 de xaneiro e o 19 de febreiro de 2024, diversas viaxes á estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias) para impulsar a práctica do esquí entre a mocidade de 11 a 15 anos de idade dos municipios coruñeses. Poderán participar un total de 600 nenos de toda a provincia, que se repartirán en seis quendas de catro días de duración cada unha.

Con esta campaña, a institución provincial pretende “que os rapaces e rapazas da provincia da Coruña poidan iniciarse ou perfeccionar as súas habilidades no esquí, ao mesmo tempo que participan noutras iniciativas deportivas e culturais organizadas de xeito complementario”, indicou o deputado de Deportes, Antonio Leira.

As viaxes terán un custe de 85 euros e inclúen transporte, estadía de catro días na estación de Valgrande-Pajares, clases de esquí, monitores, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados. Terá prioridade na inscrición a rapazada que nunca fora a ningunha campaña de neve da Deputación.

Desde a institución provincial recoméndase aos e ás asistentes que leven consigo gorro, luvas, gafas de esquí e de sol, anorak térmico, pantalón impermeable ou similar, roupa de rúa e deportiva, chuvasqueiro, mochila pequena, útiles de aseo, pixama e crema solar.

Inscrición aberta nos Concellos ata o 1 de decembro

Os interesados e interesadas en participar deberán presentar no seu Concello a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titores do solicitante, fotocopia da tarxeta sanitaria e do carné de identidade e copia do aboamento da cota de inscrición (unha vez a praza estea confirmada).

O prazo para apuntarse xa está aberto e remata o 1 de decembro de 2023.

No caso de que se soliciten máis prazas das dispoñibles, os concellos procederán a sortear as mesmas entre os e as solicitantes. A ficha de inscrición e toda a información correspodente á Campaña de Esquí 2024 pódese descargar da páxina web da Deputación da Coruña

https://www.dacoruna.gal/files/9316/9944/7612/Ficha_de_inscricion_Campana-Neve_2024.pdf

 Quendas

 As quendas por concellos desenvolveranse nas seguintes datas:

 

1ª QUENDA

(do 12/01/2024 ao 15/01/2024)

 

Arteixo, Cabre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada

 

 

2ª QUENDA

(do 19/01/2024 ao 22/01/2024)

 

Ares, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño

 

3ª QUENDA

(do 26/01/2024 ao 29/01/2024)

 

Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Cerceda, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Muxía, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo e Zas

 

4ª QUENDA

(do 2/02/2024 ao 5/02/2024)

 

Boiro, Brión, Dodro, Lousame, Mazaricos, Muros, Negreira, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e Rois

 

5ª QUENDA

(do 9/02/2024 ao 12/02/2024)

Ames, A Baña, Boqueixón, Ordes, Oroso, O Pino, Santiago de Compostela, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra

 

6ª QUENDA

(do 16/02/2024 ao 19/02/2024)

Abegondo, Aranga, Arzúa, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Cabanas, Coirós, Curtis, Frades, Irixoa, Melide, Mesía, Miño, Monfero, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, Santiso, Sobrado, Toques, Vilarmaior e Vilasantar

 

 

Lea también

El Valdetires Ferrol quiere sacudirse de todos sus males este domingo en Cáceres

El importante peaje del partido ante Ence Marín Futsal no quiere hacer desfallecer al Valdetires …