FeC anima ao goberno de Ferrol a que poña en marcha unha programación máis extensa en saúde mental

Según informa Ferrol En Común, «hoxe, fomos informados en Comisión de Benestar Social da organización de 8 charlas para procurar a normalización e integración social das persoas con enfermidade mental que serán realizadas en 8 asociacións veciñais diferentes. Temos que celebrar que a saúde mental apareza na axenda do goberno local pero tamén agardamos que isto soamente sexa un punto de partida de cara a crear unha programación duradeira no tempo e que acolla moitas máis accións que 8 charlas».

O pasado 10 de outubro foi o Día Internacional da Saúde Mental e dende Ferrol en Común aproveitaron esta ocasión para incidir na importancia de contar cuns servizos públicos dotados de recursos suficientes para poder coidar a saúde mental e propoñer unha batería de accións e iniciativas que se poderían levar a cabo dende o Concello  de Ferrol neste eido.

Este grupo ten presentada unha moción na que solicitába que o Concello de Ferrol se implicase na saúde mental e puxera en marcha actuacións coma campañas de prevención do suicidio, de deteccións de problemas de saúde mental nos centros educativos, combater a ansiedade, angustia, depresión, estrés ou calquera outro trastorno psicolóxico, publicidade dos teléfonos de atención á conduta suicida e atención aos problemas de saúde mental ou formación ao funcionariado do propio Concello.

«Dende FeC amosamos a nosa preocupación polo incremento das enfermidades de saúde mental e por iso queremos instar e darlle un empuxón ao goberno local para que estas 8 charlas sexan o inicio dunha programación de actuacións máis extensa que axude a frear o incremento destas patoloxías e por outra banda, normalizalas e rematar co estigma que sofren as persoas que as padecen», declaran dende a formación que lidera Jorge Suárez.

Lea también

El centro cívico de Caranza contará con una nueva envolvente

El centro cívico de Caranza entrará en obras en las próximas semanas, tras la adjudicación …