Aberto o prazo para inscribirse no I Torneo de Xadrez Concello de Fene

A ACRD O Pote de Maniños acollerá o domingo 12 de novembro o I Torneo de Xadrez Concello de Fene, organizado pola Escola de Xadrez da Galicia Norte coa colaboración da Escola Ferrolá de Xadrez e o patrocinio do Concello de Fene. O certame desenvolverase a partir das 11 da mañá, con sesións ás 11, 12 e 13 horas, e de tarde, ás 16, 17 e 18 horas, e cun ritmo de xogo de 20 ́+ 2” finish.

Segundo informan desde a Concellería de Deportes, as inscricións terán un custe de 5€, agás para os/as residentes en Fene (previa acreditación) que serán de balde. O prazo de inscrición está aberto, até media hora antes do comezo da competición, podendo realizarse por correo electónico (xoanrei@gmail.com) ou por teléfono (655796421).

Lea también

El Café Candelas O Parrulo “B” cae en los últimos instantes ante Caja Rural Atlético Benavente

Cruel derrota para el Café Candelas O Parrulo “B” tras caer en los últimos instantes …