O Esteo logra a súa primeira victoria ante A Estrada Futsal

Cokito ante A Estrada Futsal | Xosé Ferreiro

Xosé Ferreiro

Primeira vitoria na Liga do O Esteo pontés, tralas derrotas ante Albense (10-4) e Xove (5-8), na 3ª xornada da Segunda División «B».

A vitoria foi moi sufrida, indo todo o partido a remolque, e con remontada final. Os de Benigno chegaron a perder 0-1, 1-2 e 2-3, pero os tantos de Jhony, Cokito, e nos últimos instantes de Juan e o máximo realizador da campaña pasada Jandro, deron tres valiosos puntos.

Cuartos pola cola con tres puntos, próxima complicada visita ao sorprendente líder, o ascendido Stellae.

O Esteo: Xeito, Costi, Héctor, Jandro, Jhony – Cokito, Sergio, Martín, Eloy, Troncho, Juan.

A Estrada Futsal: Roberto, Jorge, Iago Calvo, Yago Martínez, Iago Couto – Yago Balsa, Joaquín, Carlos, Pablo, Mateo, Ricardo.

Goles: 0-1, Iago Calvo (2´), 1-1, Jhony (14´). 1-2, Jhony, pp (21´), 2-2, Cokito (28´), 2-3, Yago Martínez (34´), 3-3, Juan (37´), 4-3, Jandro (38´).

Incidencias. Amarelas Sergio, Costi, Martín, Jhony, Pablo, Calvo, Villaverde. Uns 100 espectadores no Pavillón Municipal.

Lea también

El Concello de Ferrol declarará de interés municipal las obras de la ciudad deportiva del Racing

El Racing de Ferrol contará con mayor agilidad a la hora de obtener los permisos …