Comenza en Narón a XXX edición do “Ciclo Tempo de Música” no local social do Couto

O Padroado da Cultura de Narón e a Asociación de Veciños do Couto organizan unha nova edición, a trixésima, do ciclo “Tempo de música”.

Dende este domingo 1 e ata o 29 de outubro, desenvolveranse cada domingo actuacións musicais, con entrada de balde, no local social da Picota, no Couto. As diferentes agrupacións actuarán a partir das 18.00 horas. A Deputación da Coruña e a Federación Coral Galega colaboran nesta convocatoria.

A primeira cita, corre a cargo da Xove Banda de Narón, da Asociación Cultural Musical Sementeira.

O día 8 de outubro actuará a Coral Polifónica de Chantada (Lugo) e os integrantes da agrupación músico-vogal “Alegre Intermezzo”, de Pontedeume.

Na xornada do día 15 será o turno da rondalla “Estrelecer”, do Círculo Mercantil Industrial Unidade de Fene (Fene) e da Rondalla de Cariño e o día 22 actuará a coral polífónica Santa María de Cambre.

Esta edición do ciclo rematará o día 29 de outubro, coa actuación de “Culpables”, de Neda e da coral “Amistad”, da Asociación de Veciños do Couto.

Dende a organización anímase aos veciños de Narón e doutros concellos a presenciar as actuacións programadas para o mes de outubro, nas que poderán gozar unha xornada máis da calidade musical das diferentes agrupacións que acudirán ao evento.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …