Esta fin de semana dispútase o torneo de volei Concello de San Sadurniño

A última fin de semana de setembro está marcada no calendario como unha das citas ineludibles na pretemporada do volei galego, coa disputa do torneo Concello de San Sadurniño que este ano trae como convidados ao Textil Santanderina, do mesmo grupo que o Aldebarán na SM2, e ao Arenal Emevé, pertencente á Superliga estatal.

Un evento que terá carácter internacional, xa que o cuarto participante será o Leixões Sport Clube, 3º clasificado no campionato ligueiro portugués na temporada 22/23. O torneo xogarase ao longo do sábado 30, decidindo na primeira metade do día quen loitarán polo 3º e 4º posto e quen se medirán na final das 19:00h.

A competición comezará ás 10:00h co emparellamento entre o Aldebarán-Intasa e o Emevé Lugo. Posteriormente, ás 12:00h, está previsto que se xogue o segundo partido, que enfrontará á Textil Santanderina equipo tamén da Superliga Masculina 2 co Leixões, que milita na primeira división portuguesa.

O resultado de ambos partidos establecerá os nomes que xogarán a partir das 17:30h pola terceira e cuarta posición e hora e media despois tocaralle aos ganadores da mañá decidir quen levará para a súa vitrina o trofeo municipal.

A competición será para o equipo local, e tamén para os outros, un ensaio de cara á temporada que comezará en breve. O Aldebarán-Intasa está desvelando desde hai uns días nas redes sociais a composición do primeiro equipo masculino, no que polo momento se confirma a continuidade de nomes como o de Roi Losada, Marcos Blanco, Antonio Tacón, Manuel Gomes ou o de Luis Meza

A liga comeza o próximo 8 de outubro. Os azuis xogarán a primeira rolda no Grupo A na SM2 haberá tres grupos, aínda que o primeiro partido terano o día 14 no municipal recibindo ao Club Vigo Voleibol.

O Aldebarán ten en marcha toda a súa maquinaria para o inicio de temporada, tanto no referido ás competicións como ás campañas de captación de persoas socias e de ampliación da base. Neste sentido, o 27 de setembro e o 2 de outubro para activar as escolas en colaboración co colexio Cristo Rei, ofrecerán unha xornada de portas abertas en Ferrol.

Ademais xa se publicaron os horarios das escolas en San Sadurniño, que durante este mes estiveron en modo proba para que a rapazada puidese probar a disciplina. Para entrar formar parte delas hai qucubrir este formulario en liña. Pode ampliarse información nos teléfonos  697 392 693 e 699 553 975 ou no correo aldebaranvoleibol@gmail.com.

A reserva de abonos de temporada pode solicitarse a través destoutra ligazón.  As tarifas  serán as seguintes:

  • Abono de temporada: 30€
  • Abono familiar (2 nais/pais/tirotres/as):50€
  • Persoa socia: 20€
  • Persoa socia temporada (abono temporada+carné socio/a): 50€
  • Familia socia (abono familiar+carné club): 80€
  • Prezos das entradas: 5€ persoas adultas e gratuítas para menores de 18 anos.

Lea también

A Diputación recibe ó Deportivo da Coruña tras o ascenso a segunda división

A Deputación da Coruña acolleu o luns 13 a primeira recepción oficial á plantilla, corpo técnico …