A Biblioteca Municipal de Valdoviño recupera os encontros do Foro Galego Literario

O Concello de Valdoviño retoma a partir de outubro os encontros bimensuais do Foro Galego Literario, e as persoas interesadas en tomar parte neles xa poden inscribirse presencialmente na casa da cultura ou a través do número 981 48 76 66 (ata o 22 e do 26 ao 29 de setembro de 10 a 14 h), ou online, por medio da sede electrónica (ata o 30 deste mes). Non hai cuotas e a participación no programa é gratuíta.

O profesor e escritor Antón Cortizas encargarase de novo de guiar as sesións na Biblioteca Municipal, nas que volverán a participar tamén autores das obras que protagonicen os encontros, a celebrar cada 2 meses.

O obxectivo é achegar a literatura galega ao público e intercambiar impresións sobre os libros que engrosen a lista de lectura proposta. Así mesmo, é intención do Concello estender o programa, como o pasado ano, á comunidade educativa, fomentando a participación do alumnado do CPI Atios con sesións específicas para eles en horario lectivo e en colaboración co centro educativo.

Lea también

A Alianza Aresana acolle a presentación de ‘Material sensible’, de Concha Tejada

Como xestionar a alta sensibilidade de forma amable, creativa e sostible? Que historias poden inspirarnos …